Benvid@s

Benvid@s a Kansendono, o blog do bibliotecario irreverente
Pouco recomendado para curas, banqueiros e demais especuladores

viernes, 5 de abril de 2013

Nova versión (máis acorde cos tempos) de Rosalía de Castro


Se hoxe estivera entre nós, probabelmente Rosalía estaría ben farta de ver tanta mesquindade, de ollar a miseria na que estamos inmersos, da falta de escrúpulos, da ruindade e da carencia absoluta de ética dos que dominan o cotarro (coa compracencia de moitos...). Mágoa de país!!!


Adeus peixes, adeus leite
adeus todo canto temos
adeus cartos aforrados
non sei cando nos veremos

Miña terra, miña terra
terra onde meu criei
caciques que quero tanto
os chourizos que eu votei

Catro parvos traballando
empregos que leva o vento
paxarracos timadores
casiña do meu banqueiro

Paparemos as castañas
e veremolo Luar
mentras poñan a Gayoso
non hai tempo a protestar

O Pokemon e a Carioca
operación Campeón
e tamén temos a Orquesta
adeus, para sempre adeus

Adeus Cason e o Egeo
chapapote onde nacín
non nos chegaba co Urquiola
e trouxeronos o Prestige

Deixo os montes ben queimados
deixo merdiña no mar
deixo todo feito un asco
quen poidera non deixar
.

1 comentario: