Benvid@s

Benvid@s a Kansendono, o blog do bibliotecario irreverente
Pouco recomendado para curas, banqueiros e demais especuladores

jueves, 5 de septiembre de 2013

Libros para despois do verán

Benqueridos, despois das merecidas vacacións e xa de volta inmersos na rutina, este Bibliotecario Irreverente regresa con tres recomendacións literarias. O normal sería ofrecer estes consellos antes das vacacións, como fan os grandes suplementos culturais. Mais, neste blog continuamos co espíritu da rebeldía e nadando contracorrente. Polo tanto, pensamos que primeiro son as vacacións e logo as recomendacións.
As tres novelas que tiven o pracer de ler e que vos recomendo absolutamente teñen un transfondo común: son ficción, si, mais se sosteñen sobre diferentes episodios históricos, todos do século XX e todos en Europa.
La hija del Este, escrita por Clara Usón, narra o proceso de Ana Mladic, filla do xerenal serbio-bosnio coñecido como O carniceiro de Srebrenica, na descuberta dos horrores da guerra na antiga Iugoslavia e mesmo a participación do seu pai nas barbaridades que asolaron Croacia e Bosnia. Se queredes entender as razóns que levaron á guerra nos Balcáns, non deixedes de ler este enganchante libro. Moi recomendábel todo o relacionado coa mitoloxía serbia e a manipulación que dela souberon facer Karadic, Milosevic e demais para prender o lume do odio étnico e relixioso que, ao fin, rematou nunha espantosa tolemia ateigada de sangue e morte.
Kirmen Uribe toma como punto de saída en Lo que mueve el mundo a evacuación dos nenos da guerra na Euskadi de 1937 para amosar nunha viaxe marabillosa na que o amor e a dignidade humana nunca poden ser derrotados.
Como remate, o irlandés John Boyne, o mesmo d'O neno do pixama a raias, introdúcenos na Rusia zarista dos últimos Romanov e nos días finais de Nicolás II en La casa del propósito especial, pretextos para narrar unha historia de amor fermosa escrita cunha linguaxe e un ritmo realmente enganchantes. Por certo, o prota é... un bibliotecario!!!
la hija del este-clara uson-9788432214141 

lo que mueve el mundo-kirmen uribe-9788432215476