Benvid@s

Benvid@s a Kansendono, o blog do bibliotecario irreverente
Pouco recomendado para curas, banqueiros e demais especuladores

jueves, 4 de abril de 2013

Abril, memoria da República



Comeza a andaina de Kansendono neste mes de abril de 2013 e nada mellor que facelo lembrando aquel réxime de ilusión, progreso, igualdade e laicidade representado pola Segunda República. Lembrando e tamén reivindicando, pois, é ben sabido que dende fai xa uns anos está presente no mercado editorial unha potente maquinaria de difusión de libelos destinados a desinformar e intoxicar toda a historia relacionada co réxime republicano.

Mais, non pensemos que esta propaganda neofranquista está escrita por historiadores: nin son historiadores nin escriben historia. Recollen, iso si, a mellor tradición dos Salas Larrazabal, De la Cierva ou Moure Mariño, entre outros, que, hoxe, tan cómodos estarían se tiveran ocasión de ler o lamentábel Diccionario da Real Academia da Historia, onde tan docemente analizan e estudan aos sublevados fascistas contra a legalidade republicana. Con todo, debemos subliñar o inmenso éxito de vendas que acadan estes pseudohistoriadores malia que semelle incríbel. Agora ben, se foi un best-seller o último libro de Aznar, como non van vender a moreas personaxes como César Vidal ou Pío Moa... 

1 comentario: