Benvid@s

Benvid@s a Kansendono, o blog do bibliotecario irreverente
Pouco recomendado para curas, banqueiros e demais especuladores

miércoles, 5 de junio de 2013

A (inexistente) pelota de goma

Consolación Baudín de la Lastra é unha muller menuda de 54 anos, xurista de profesión que, sen dúbida, nunca esquecerá o día 11 de xullo de 2012. Aquel día, na capital do Estado, acudiu a saudar a Marcha Mineira e amosar a súa solidariedade cos mineiros en loita polo seu posto de traballo. Chelo recibiu o impacto dunha pelota de goma disparada por un axente antidisturbios a unha distancia non superior a coarenta metros. Estivo ingresada no Hospital da Princesa durante 60 días tras pasar mes e medio na Unidade de Coidados Intensivos en estado "moi grave". O parte médico fala de neumotórax, fractura de vértebras, asistencia mecánica e necesidade de practicarlle unha traqueotomía.
Pois ben: case un ano despois o Ministerio do Interior sostén que aquel día non houbo feridos graves nin ten constancia de lesionados por disparos realizados con peotas de goma. Por outro lado, o Xulgado de Instrución nº 29 de Madrid entende que non pode identificar ao funcionario que lesionou á denunciante polo que arquiva a causa.
Cando falla a xustiza, que nos queda?
Cando a brutalidade queda impune, a quen recurrir?
Por que esta violencia desmedida e desproporcionada con quen se manifesta pacificamente?