Benvid@s

Benvid@s a Kansendono, o blog do bibliotecario irreverente
Pouco recomendado para curas, banqueiros e demais especuladores

miércoles, 8 de mayo de 2013

Comparacións odiosas

O ministro do Interior, Jorge Fernández, compara o aborto coa ETA.
A delegada do Goberno en Madrid, Pilar Cifuentes, considera a determinados segmentos do 15-M como proetarras.
A secretaria xeral do PP, Dolores de Cospedal, cualifica de filoetarras aos participantes nos escraches que protestan (pacificamente) contra os recortes públicos.
O deputado Vicente Martínez Pujalte afirma que Ada Colau e aqueles que loitan contra os desafiuzamentos son simpatizantes da ETA.

Este Bibliotecario Irreverente sempre pensou que ETA se semella tanto a unha organización revolucionaria como NovaGaliciaBanco, por exemplo, se parece a unha ONG, é dicir, nothing de nothing.

Tamén opina este pobre Bibliotecario Irreverente que a dereita cavernícola e reaccionaria deste país sempre viviu moi ben coa actividade do grupo armado: cando gobernaban porque desviaban a atención dos problemas reais do país; cando estaban na oposición porque todo valía con tal de minar a credibilidade do goberno de turno.

ETA, ao seu pesar, supoño, sempre serviu de válvula de escape á dereita intransixente, actuou tamén como coartada (de todos os gobernos) para endurecer leis e cercenar liberdades e, por último, serviu de arma arroxadiza contra o contrario político. E malia a súa irreversibilidade, continúa a ser tema recurrente nas declaracións políticas dos dirixentes e altos cadros do PP. Todo vale, nada importa con tal de entresacar proveito electoral. Mais a cuestión vai moito máis aló.

Porque esas semellanzas interesadas permiten criminalizar a todo aquel que non pense ou se manifeste tal e como o poder constituído considere oportuno. Ou estás conmigo ou eres un proetarra: esta é a consigna. Coidado, non tratamos un tema menor e a historia ensina que culpabilizar ao contrario é o camiño máis curto cara a ditadura.

1 comentario: